India

Pinturas nas [[Grutas de Ajanta A India (), oficialmente a República da India (), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia. Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio Mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta maior do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A consecuencia das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a lidar cos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exército con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario que consiste de 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 84 for search 'India', tempo de consulta: 0.06s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
    “...India...”
    Libro
  4. 4
    Publicado 2004
    “...India...”
    Libro
  5. 5
    Publicado 2005
    “...India...”
    Libro
  6. 6
    por Ratanlal Ranchhoddas
    Publicado 2004
    “...India...”
    Libro
  7. 7
    por Ratanlal Ranchhoddas
    Publicado 2002
    “...India...”
    Libro
  8. 8
    “...India...”
    Libro
  9. 9
    por Ratanlal Ranchhoddas
    Publicado 2004
    “...India...”
    Libro
  10. 10
    por Ratanlal Ranchhoddas
    Publicado 2004
    “...India...”
    Libro
  11. 11
    por Singh, Avtar, 1932-
    Publicado 2002
    “...India...”
    Libro
  12. 12
    Publicado 2006
    “...India...”
    Libro
  13. 13
    por Sarathi, Vepa P., 1916-
    Publicado 2007
    “...India...”
    Libro
  14. 14
    por Ratanlal Ranchhoddas
    Publicado 2004
    “...India...”
    Libro
  15. 15
    por Ratanlal Ranchhoddas
    Publicado 2008
    “...India...”
    Libro
  16. 16
    por Srivastava, Kirpa Dayal
    Publicado 1998
    “...India...”
    Libro
  17. 17
    por Sarathi, Vepa P., 1916-
    Publicado 2000
    “...India...”
    Libro
  18. 18
    Publicado 1985
    “...India (Republic)...”
    Libro
  19. 19
    Publicado 2001
    “...India. Supreme Court...”
    Libro
  20. 20
    Publicado 2001
    “...India. Supreme Court...”
    Libro