Gantz
é unha serie manga xaponesa escrita e debuxada por Hiroya Oku. ''Gantz'' conta a historia de Kei Kurono e Masaru Kato, que morren nun accidente de tren e se converten en parte dun xogo no que outras persoas recentemente finadas son obrigadas a cazar e matar aliens. Para logralo están equipados con armas e dispositivos futuristas. Tanto o manga como o anime caracterízanse pola súa violencia e contido sexual.
A adaptación de ''Gantz'' ó anime, dirixida por Ichiro Itano e animada por Gonzo, componse de 26 episodios divididos en dúas tempadas. Dous filmes de acción en vivo baseados no manga foron producidos e estreados en xaneiro e abril de 2011. Un filme de animación CGI, ''Gantz: O'', foi estreado no 2016. Provided by Wikipedia
-
1
-
2