Ferro

Peza de ferro da Idade de Ferro O ferro (do latín ''ferrum'') é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. A temperatura ambiente, o ferro atópase en estado sólido.

É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de distintos procesos de transformación, é usado na forma de lingotes. Se se engade carbono dáse orixe a varias formas de aceiro.

Este metal de transición atópase no grupo 8B da Clasificación Periódica dos Elementos. É o cuarto elemento máis abundante da codia terrestre (aproximadamente 5%) e, entre os metais, soamente o aluminio é máis abundante. Tamén é un dos elementos máis abundantes do Universo. O núcleo da Terra está formado principalmente por ferro e níquel (NiFe), xerando un campo magnético.

O ferro foi historicamente importante, e un período da historia recibiu o nome de Idade de Ferro.

Actualmente é utilizado para a fabricación de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte (automóbeis, navios etc.), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Ferro', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Publicado 2013
    Outros autores: “...Ferro...”
    Full text available on Springer
    Off-campus access
    Electrónico eBook
  2. 2
    Publicado 2013
    Outros autores: “...Ferro...”
    Full text available on Springer
    Off-campus access
    Electrónico eBook