Essex

Essex é un condado situado ao leste de Londres, formando parte da rexión oriental de Inglaterra. Ocupa unha área de 3.670 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1 737 900 habitantes.

A capital do condado é a cidade de Chelmsford, sendo a súa cidade máis importante. Outras cidades salientables de Essex son Colchester (a cidade máis vella da Inglaterra), e Southend, un dos maiores balnearios do Reino Unido. Limita co Gran Londres e con Hertfordshire, Cambridgeshire e Suffolk. A súa fronteira con Kent é o río Támese.

A orixe do nome "Essex" está no antigo reino de Essex, fundado polos anglosaxóns cara ao ano 600. Os saxóns chegaron a Gran Bretaña, primeiro como foederati do Imperio Romano e despois como colonos, cara finais do século IV. Os que se asentaron no leste, ó longo da vía que comunicaba Londinium e Camulodunum foron chamados ''estseaxni'' (saxóns orientais), nome que, co paso dos séculos, derivou no actual Essex. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Essex', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Essex
    Full text available on Project MUSE [5/20/13]
    Off-campus access
    Electrónico eBook